lunes, 30 de abril de 2012

ÁLVARO CERVANTES.

Álvaro Cervantes é un actor español nacido en Barcelona o día 12 de Setembro de 1989.
Fixo os seus estudos de bacherelato artístico ao mesmo tempo que facía os seus "pinitos" como actor na serie de televisión Abuela de Verano, dirixida por Joaquín Oristrell e producida por Televisión Española. Ao rematar fixo a carreira universitaria de Comunicación Audiovisual.
O seu primeiro papel importante no cine chegou da man de Silvia Munt, directora e guionista. Sen embargo, a película coa que Álvaro Cervantes se deu a coñecer foi con El Juego del Ahorcado, en 2008, baixo a dirección de Manuel Gómez Pereira. Nesta película compartiu unha serie de escenas tórridas con Clara Lago, actriz, pero polo seu bó facer levouse a nominación ao Goya de actor revelación.
Entre os papeis que interpretou abundan, xeneralmente, os principais e protagonistas: concretamente 17 protagonistas e 3 secundarios. É un asombroso resultado para un xove de tan corta idade.
Ademáis desa nominación ao Goya no 2009, gañou a Biznaga de Prata ao millor actor de reparto pola película El Sexo de los Ángeles.
Actualmente traballa como un dos protagonistas na serie televisiva El Misterio de Calenda, serie líder de audiencia na súa franxa de emisión.






Sara Torres Alonso.

sábado, 28 de abril de 2012

VIDA DE MARIO CASAS.

Mario Casas Sierra ( A Coruña, 12 de Xuño de 1986) é un actor español de cine e televisión. Aínda que nun principio pensaba ser policía ou futbolista, pronto deuse conta de que o que a el lle gustaba era a interpretación, iniciandose na publicidade e realizando, posteriormente, os seus estudos na Escola de Interpretación Cristina Rota.Debutou no cine da man de Antonio Banderas, que lle deu a oportunidade de participar en El Camino de los Ingleses. Ese mesmo ano formou parte do elenco da serie SMS e despois de Los Hombres de Paco.En 2009 protagonizou dúas das películas máis taquilleiras: Fuga de Cerebros e Mentiras Gordas. Tamén é coñecido pola película que protagonizou en 2010, Tres Metros Sobre el Cielo, ou pola serie líder de 2011-2012, El Barco, na que interpreta a Ulises.  Nos últimos anos gañou algún que outro premio e estivo nominado a outros:  En 2011 estivo nominado ao premio de mellor actor de televisión pola serie El Barco. En 2010 gañou o premio de intérpreta máis buscado en www.fotogramas.es e nominado a mellor actor de cine por Tres Metros Sobre el Cielo. E en 2009 foi nominado a intérprete máis buscado en www.fotogramas.es, pero este ano non gañou.

Este é un vídeo curto no que aparece na serie El Barco Mario Casas interpretando a  Ulises. Espero que vos guste: