lunes, 30 de abril de 2012

ÁLVARO CERVANTES.

Álvaro Cervantes é un actor español nacido en Barcelona o día 12 de Setembro de 1989.
Fixo os seus estudos de bacherelato artístico ao mesmo tempo que facía os seus "pinitos" como actor na serie de televisión Abuela de Verano, dirixida por Joaquín Oristrell e producida por Televisión Española. Ao rematar fixo a carreira universitaria de Comunicación Audiovisual.
O seu primeiro papel importante no cine chegou da man de Silvia Munt, directora e guionista. Sen embargo, a película coa que Álvaro Cervantes se deu a coñecer foi con El Juego del Ahorcado, en 2008, baixo a dirección de Manuel Gómez Pereira. Nesta película compartiu unha serie de escenas tórridas con Clara Lago, actriz, pero polo seu bó facer levouse a nominación ao Goya de actor revelación.
Entre os papeis que interpretou abundan, xeneralmente, os principais e protagonistas: concretamente 17 protagonistas e 3 secundarios. É un asombroso resultado para un xove de tan corta idade.
Ademáis desa nominación ao Goya no 2009, gañou a Biznaga de Prata ao millor actor de reparto pola película El Sexo de los Ángeles.
Actualmente traballa como un dos protagonistas na serie televisiva El Misterio de Calenda, serie líder de audiencia na súa franxa de emisión.






Sara Torres Alonso.

No hay comentarios:

Publicar un comentario