viernes, 4 de mayo de 2012

MARÍA CASTRO

María Castro Jato é unha actriz galega que naceu en Vigo, o día 30 de novembro de 1981.
Foi  ximnasta na modalidade de ximnasia rítmica dende os 6 aos 17 anos, conseguindo o compeonato galego xunto con Nelly Bouso Gasalla e Eva Bouso Gasalla. Foi subcampeona da modalidade de pelota no
1996.
En canto a súa formación complementaria, estudiou danza contemporánea, ballet clásico, danza moderna e hip-hop, e cabaret. Realizou varios cursos de interpretación e doblaxe.
Traballou por primeira vez na televisión  local da súa cidade (Televigo) como azafata. O seu primeiro trabaxo como actriz foi no papel de Paula Barreiro, na exitosa serie do canal autonómico galego TVG, Pratos Combinados. A partir de ahí participou como presentadora e actriz en múltiples series e espazos da TVG.
Participou como actriz de reparto da primeira serie diaria de producción española de La Sexta, SMS, onde interpretaba a Lucía.
No 2008 dase a coñecer a nivel nacional mediante o seu papel de Jessica en Sin tetas no hai paraíso, serie emitida por Telecinco. 
Ademais, no 2008 tamén participou no novo videoclip de Melocos, "Fuiste tú". Un ano despois colaborou con Carlos Baute no videoclip da súa canción "Nada se compara a ti".
 Dende o 10 de xaneiro de 2010 representa o papel de Mollie Ralston na obra de Agatha Christie "La ratonera" no Teatro Reina Victoria de Madrid.
 María Castro aparece nas dúas tempadas de Tierra de lobos, no papel de Elena, e tamén aparecerá na terceira tempada que se está a rodar.

Xoana Castro Picallo.



3 comentarios: