viernes, 18 de mayo de 2012

ROBERTO VILAR

Roberto Vilar Fernández é un humorista, actor e presentador galego que naceu en Xove (Lugo). 
Os seus primeiros traballos na televisión foron no programa "Con Perdón" (TVG) e na serie "Pequeno Hotel" na que desempeñaba o papel dun peculiar recepcionista.
A súa fama  chega ao interpretar, xunto ao tamén cómico Víctor Fábregas que facía de Tucho, a parella humorística “Los Tonechos" no papel de Tonecho. Dende o ano 2002 hasta o 2005 realizan numerosas actuacións no programa de televisión de Galicia “Luar", pasando por numerosas festa populares galegas. O 18 de abril do 2005 empezaron cun  programa propio, Os show dos Tonechos hata o 3 de xulio de 2008. Tras 6 anos de fama e éxito, deciden separarse.
No 2009, comenza un novo programa de humor chamado “Land Rober" xunto a Xosé Antonio Touriñán e outros colaboradores, como o actor e humorista David Perdomo. Neste programa tratan o humor dende a coñecida retranca galega, asemade realizan entrevistas a personaxes famosos, e actuacións musicais en directo.
No mes de novembro do ano 2011 a TVG decidiu cancelar o programa por motivos descoñecidos, ainda que  se cree que se debeu ás grandes diferenzas entre Roberto Vilar e a televisión galega, debido ao fichaxe do presentador por "Mediaset" para dirixir o programa de Cuatro "Salta a la Vista", que sería cancelado o 12 de xaneiro de 2012.

1 comentario: