Blanca Martínez Suárez, máis coñecida como Blanca Suárez, naceu o día 21 de Outubro de 1988 en Madrid.
Blanca estivo dende os doce anos na escola de teatro Tritón. Saltou ao mundo do cine coma Ángela na película Eskalofrío, que se estreou no 2008. Un ano antes estivo traballando na serie El Internado coma Julia, onde compartiu reparto con Martin Rivas, Yon González, Ana de Armas ou Elena Furiase. Tamén participou en largometraxes coma Fuga de Cerebros, Cobardes ou El Cónsul de Sodoma.
O pasado 2011, traballou coma unha das protagonistas de El Barco, serie emitida por Antena 3, xunto con Mario Casas e outros actores e actrices coñecidos.
En 2011 foi elixida como a nova "muller Almodóvar" para encarnar o papel de Norma na película La Piel que Habito, na que compartía reparto con un dos máis coñecidos actores españois, Antonio Banderas, e unha coñecida actriz, Elena Anaya.
En 2012 ten á espera o estreno de dúas películas: unha delas é Miel de Naranjas, un drama ambientado na postguerra, na que interpreta a Carmen. A outra é The Pelayos, onde actúa, xunto a Miguel Ángel Silvestre e Marina Salas, encarnando o papel de Ingrid unha cupier dun casino.
Tamén no 2012 volverá a traballar con Pedro Almodóvar no seu novo traballo, Los Amantes Pasajeros, xunto a Miguel Ángel Silvertre, Raúl Arévalo, Javier Cámara, Cecilia Roth e Lola Dueñas. Esta película estrenarase no 2013.
Silvia Placer.
No hay comentarios:
Publicar un comentario